O Carballiño volve a bater récords ca tapa máis grande do mundo de 515 quilos de pulpo en 11 minutos

Proba superada un ano máis. Esta tarde, fai apenas unha hora, O Carballiño batía un novo récord coa preparación da tapa mais grande do mundo: 515 quilos de pulpo, 15 máis que o ano pasado, e na súa preparación participarán unha trintena de profesionais. A tapa xigante cortouse a velocidade de récord, nunca mellor dito, superando outra cifra, facéndoo en apenas 11 minutos, enchendo así de pulpo os 5,37 metros de diámetro deste prato de madeira, que deixa sorprendido a todo o que se achega ó Carballiño.

Sen rivalidade no corte, os pulpeiros de Arcos confórmanse con manter este récord intacto, nunha auténtica exhibición que atrae a centos de persoas, e tamén a medios de comunicación que lvan estas imaxes por todo o mundo. Sen dúbida, o segredo está nas mans que o preparan, con auténtica devoción e tradición secular.

AVANTAR ACTIVIDADES

A iniciativa desta tapa xigante naceu en 2010, e celebrouse cada ano aumentando o seu récord ata a achegada da pandemia, que a paralizou en dúas ocasións. Hoxe, de volta, había máis gañas ca nunca.

A pastelería Royal colaborou cos doces do postre e a vila recibiu a miles de persoas que seguro quedarán para desfrutar dunha semana chea de actividades e unha festa que volverá este domingo a encher o parque municipal.