O concello de Ribadavia solicita permiso para o bombeo de auga do río Avia de xeito excepcional

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Seguen agravando os problemas de seca en Ribadavia. A empresa concesionaria informa que a situación do depósito continúa sendo mala, a pesar do cal desde Aqualia valoran que desde hoxe se vai poder establecer un novo sistema de apertura de auga para todo o municipio, cos seguintes horarios: de 13h a 15h e de 20.30 a 23h.

Esta é unha solución técnica que a situación actual lle permite realizar a Aqualia, tras a demanda feita polo Concello.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As medidas iniciais que se adoptaron de cortes nocturnos non conseguiron o obxectivo de recuperar o depósito, debido a que o regato Maquiáns sufre a súa maior seca histórica.

O Concello solicitou autorización de bombeo temporal de auga desde río Avia ao depósito da Franqueirán.

Esta autorización é moi temporal e restritiva, xa que o río Avia pasa por máis concellos en situación de seca e o caudal do Avia tampouco é bo.