Programación cultural: Xornadas de Folclore, orquestra, concurso de camisetas e pulpo

Tras dous anos de espera, o Teatro Principal de Ourense volveu acoller o acto inaugural das Xornadas de Folclore, un festival que percorre toda a provincia de Ourense entre os días entre o 8 e o 17 de agosto. Este evento chega este ano a súa XXXVII edición, contando coa participación de 200 participantes -entre artistas e equipo técnico- procedentes de seis países diferentes, convertendo a Ourense nun epicentro da música e o baile tradicional de todo o mundo. 

Mañá mércores, ás 22:30 horas, os artistas de Costa de Marfil, Indonesia e Chile sairán ó escenario na localidade do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

E como fin de festa, o mércores 17, no auditorio do Castelo de Ribadavia, todos os grupos darán peche ao festival cunha actuación que porá, dende as 23,00 horas, punto e final ás XXXVII Xornadas de Folclore. 

O xoves, no Carballiño, concerto de Roi Casal, na Praza Maior ás 23.00 horas. E xa o venres, para comezar a fin de semana grande, Orquesta Combo Dominicano, na Praza da Veracruz, ás 23.30 horas.

O sábado terá lugar a Festa das Camisetas, ca actuación de El Pirata, locutor de Rock FM, dende as 19.00 horas na Praza Maior. O prazo para inscribirse no concurso está aberto ata mañá. E xa o domingo, día grande da Festa do Pulpo no parque municipal.