Trasmiras canaliza novos bombeos ao depósito principal para garantir o abastecemento de agua

Emilio José Pazos Ojea, o rexedor, anuncia modificacións na ordenanza
reguladora do abastecemento de auga, “facéndoa más cara e restritiva se é que
os consumos desmedidos non se reducen”.
― A revisión diaria do contador principal do Concello de Trasmiras arroxa medias
que están por encima do dobre de que consume un español ao día, segundo o
INE.

A seca non fai máis que agudizarse e os concellos buscan solucións para non ter que deixar á veciñanza sen suministro de auga. No Concello de Trasmiras, ante o incivismo dalgúns veciños, desde esta semana vímonos na obriga de cortala entre as 22:00 e as 8:00 horas. Tamén comezamos a revisar, de xeito diario, o contador principal do municipio, constatándose que o consumo segue disparado pese ás peticións municipais para facer un uso responsable da auga.
O Concello traballa na concienciación dos veciños para evitar maiores restricións,
mentres busca alternativas. Para favorecer o curso da auga, estase abrindo unha nova
acometida para o depósito de Soutelo e así alimentalo cun maior bombeo, xa que é o
principal suministrador dos núcleos de consumo. Deste xeito, trataríase de retrasar un
posible vaciado do depósito.
A falta de precipitacións é a principal causante desta situación en Tramiras, pero o
consumo desmedido dalgúns veciños non fai máis que agudizalo. A media de
emprego diario supera os 470 metros cúbicos, con algúns días como o 31 de xullo ou o
4 de agosto nos que se superaron os 500. No contador do que se recollen estes datos
hai 836 empadroados e, tendo en conta que a poboación no verán se pode chegar a
duplicar, os números arroxan unha media de consumos de máis de 280 litros por
usuario ó día. Isto supón que en Trasmiras se supera o dobre da media de auga que
gasta un español, segundo os datos do INE, que se atopa en 133 litros por habitante
diarios.
Emilio José Pazos Ojea, o alcalde, é contundente: “Que en Trasmiras se esté
consumindo máis do dobre da media española evidencia que, como sospeitabamos
dende o Concello, os usos que se lles está dando á auga non son os que contempla a
normativa reguladora”, apunta o rexedor.
Os números son tan alarmantes que nalgunhas xornadas se chegan a consumir preto de
330 litros por veciño ó día, polo que este Concello incide na necesidade de tomar
conciencia e evitar un consumo excesivo “dun ben escaso” como é a auga. Apelamos a
esa responsabilidade individual para que se empregue de forma axeitada, especialmente nun verán que está a ser duro coa falta de choivas e cos incendios. “Non queremos chegar a tomar medidas máis drásticas, pero quero que os nosos veciños teñan claro que é para min unha obriga proporcionar servizos básicos ao meu Concello.
E, se para ter subministro continuo de auga teño que mudar a ordenanza e facela máis
cara para restrinxir o consumo, non me ha de tremer a man. Non podo permitir que
uns veciños queden sen auga pola insolidariedade duns poucos”, expresou o alcalde
Emilio José Pazos.

AVANTAR ACTIVIDADES