A exposición “Os nosos océanos” estará ata o próximo luns na praza Emilia Pardo Bazán

O Concello do Carballiño inaugurou na praza Emilia Pardo Bazán a mostra «Os nosos océanos», en colaboración con Afundación de Abanca. A mostra estará dispoñible ata o 15 de agosto, o próximo luns. Presenta as imaxes máis espectaculares da biodiversidade mariña.

Esta proposta é parte do proxecto de capilaridade cultural de Afundación que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. «Os nosos océanos» é unha invitación para reflexionar sobre o impacto da nosa actividade, así como sobre a necesidade perentoria de incorporar a sostibilidade á nosa forma de vida.

AVANTAR ACTIVIDADES

O que con esta exposición preténdese é espertar o recoñecemento de que os océanos son berce de vida, manancial de todos os mananciais, reguladores de todos os elementos básicos do clima, depuradora natural das contaminacións e fornecedores de alimento e incontables materias primas.