A Policía Local prepara un operativo de seguridade para blindar a Festa do Pulpo

A Festa do Pulpo do Carballiño volverá a se multitudinaria. Dende hoxe, ca tapa xigante de pulpo, seguiranlle unha gran variedade de eventos que reunirán a miles de persoas na vila, sendo a semana de maior traballo policial para garantir a seguridade.

Para as noites do venres, sábado e domingo haberá catro ou cinco patrullas na rúa, dobrando a planificación semanal. O punto álxido será o domingo, onde maior presenza policial se require, sobre todo dende as seis da mañá, no coñecido como reenganche onde adoita haber máis peleas.

AVANTAR ACTIVIDADES

A situación actual de persoal da Policía Local é a mellor dos últimos anos, con 3 auxiliares, 3 policías en prácticas e tres novos axentes, supondo isto seis traballadores máis ca noutros veráns. Tamén permite que actualmente haxa un servizo cuberto de 24 horas, tamén nocturno.

E sobre todo, no que se refire a esta próxima fin de semana, a Policía Local tamén estará alerta no que se refire os pinchazos de sumisión química que se están producindo noutras festas e festivais de España.

A xunta de seguridade estableceu que serán preto de 150 os efectivos que estarán traballando pola seguridade cidadá, entre membros do Grupo Municipal de Emerxencias, Protección Civil, 112, Cruz Vermella, axentes da Policía Local, Policía Autonómica, Garda Civil e Bombeiros participarán no operativo previsto para o sábado 14, día grande dos festexos. Tamén disporán de vehículos, embarcacións neumáticas, motobombas, motocicletas e quads.  E ademais tres ambulancias permanecerán no Parque Municipal, recinto oficial da Festa do Pulpo.