Manuel Baltar supervisa o resultado das obras no campo de fútbol de Vista Hermosa, en Paderne de Allariz, financiadas co apoio da Deputación

O presidente da Deputación mantivo un encontro de traballo co alcalde, José Manuel Fernández, e os concelleiros Karina Marra e Manuel Pérez

Manuel Baltar destaca os froitos da colaboración entre o goberno provincial e o Concello de Paderne de Allariz, frutificado nos últimos tempos en obras de saneamento, mellora de infraestruturas viarias, sinalización ou a mellora das instalacións deportivas municipais, co proxecto do campo de fútbol ou a reforma da pista polideportiva municipal

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense, 9 de agosto de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o concello de Paderne de Allariz, onde se reuniu co alcalde, José Manuel Fernández, e os concelleiros Karina Marra e Manuel Pérez, nun encontro no que se avaliaron obras de cooperación conxunta entre ambas administracións e proxectos de futuro. 

Despois da reunión na Casa do Concello, Manuel Baltar visitou acompañado do alcalde e os dous concelleiros varios puntos do municipio no que se teñen realizado obras de cooperación entre a Deputación e o Concello, antes de supervisar o resultado das obras no campo de fútbol de Vista Hermosa, en A Torre, tamén financiadas co apoio do goberno provincial e a través das que se instalou céspede artificial, pechouse o campo e melloráronse os vestiarios. 

Como balance da súa visita a Paderne de Allariz, o presidente da Deputación resaltou os froitos da colaboración entre o goberno provincial e o Concello, “que ten frutificado nos últimos tempos en obras fundamentais para mellorar os servizos públicos que se ofrecen aos veciños”, en referencia a proxectos de mellora de infraestruturas viarias, a instalación de bocas de rego en varios pobos, obras de saneamento, sinalización turística ou unha axuda para adquirir maquinaria de roza. 

Obras e proxectos, explica Manuel Baltar, prantexados polo rexedor, José Manuel Fernández, e un equipo que “coñece á perfección o seu concello e as necesidades e demandas dos seus veciños”. Nesta liña de traballo cooperativo, a Deputación concedeu recentemente unha achega a Paderne de Allariz para a reforma da pista polideportiva municipal. 

Pola súa banda, José Manuel Fernández resaltou o apoio da Deputación aos proxectos presentados, recoñecendo o “peso específico que ten esta colaboración para poder seguir avanzando na mellora da calidade de vida dos nosos veciños de Paderne de Allariz”.