A Deputación avanza na elaboración dos orzamentos anuais do 2023

Reunión Manuel Baltar (Presidente Deputación) cos deputados provinciais do Partido Popular para organziar os orzamentos do ente provincial para o 2023 acompañdo de Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU) e Patricia Torres Madureira (Deputada PPOU).

A Deputación avanza na confección dos orzamentos anuais do 2023, que serán aprobados no pleno ordinario do vindeiro 30 de setembro, voltando a converter a esta administración na primeira pública de España -en calquera ámbito territorial- en dar luz verde ao seu proxecto económico anual fundamental. 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, enmarca esta “consolidada liña de actuación” dentro dunha visión política construída a través da “planificación e a previsibilidade”, e que outorga “seguridade e confianza aos concellos e veciños, porque o 1 de xaneiro de 2023 xa serán executables os plans e proxectos que deseñamos en favor de Ourense”. Nesta mesma liña, avanza que os orzamentos do 2023 están a ser perfilados polo equipo de goberno “escoitando aos concellos, aos veciños e aos actores socioeconómicos chaves na dinamización deste territorio, cos que temos contacto diario e dos que somos o seu principal aliado”. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Manuel Baltar pon o acento nas consecuencias que están tendo para os ourensáns, administracións públicas ou entidades sociais o contexto socioeconómico actual -marcado pola inflación e a crise enerxética-, que esixe “gobernos con músculo financeiro e con capacidade de anticipación para deseñar as respostas adecuadas, un comportamento demostrado pola Deputación de Ourense en momentos tan complicados como no peor da pandemia”. Por iso, anticipa, “os orzamentos do 2023 serán ambiciosos” e estarán marcados pola “cuestión social e a atención aos sectores económicos do territorio, ademais doutras das nosas liñas de traballo estratéxicas como o son o medio ambiente, a cultura, o termalismo ou a promoción do deporte”. 

O presidente da Deputación tamén quere remarcar o “excelente traballo” de todo o equipo de goberno e dos técnicos da Deputación no ámbito da xestión económica, que con fitos como a consecución da débeda cero “axudaron, axudan e axudarán a seguir progresando na nosa actividade política e institucional -marcada por unha visión integral da provincia- e que se converte no motor de apoio máis decisivo para os concellos e entidades económicas, culturais e sociais da provincia de Ourense”. Un horizonte impulsado, explica Manuel Baltar, a través da “diálogo, o traballo en rede e a cooperación, visibilizados a través de cuestións fundamentais como a nosa  capacidade para deseñar proxectos estratéxicos con atractivo para captar fondos comunitarios, como se pode comprobar a través dos recentes avances de plans como AcelerOU, para acompañar e colaborar na dixitalización de pemes, emprendedores e autónomos do rural”.