Arenteiro 2 – Racing de Ferrol 2

O equipo de Fran Justo e o Racing de Ferrol empataron a dous no Couto nun duelo con intensidade e alternativas, sobre todo no primeiro tempo.

O Arenteiro presentouse ante os seus afeccionados, aínda que tivo que ser no campo do Couto polas obras ás que se están desenvolvendo en Espiñedo. Fíxoo ante o Racing de Ferrol, de Primeira Federación e o resultado final foi de empate a dous goles. Para os de Fran Xusto anotaron Samu e Martín Lamelas no segundo encontro de pretemporada. A primeira fora unha vitoria a domicilio ante o Fabril

AVANTAR ACTIVIDADES

Aos dez minutos, na primeira chegada visitante, chegou o 0-1. Un saque de esquina que de escorzo rematouno Manzanera ao fondo da rede.

Pese ao mazazo, o Arenteiro seguiu vivo e antes da media hora xa había volteado o marcador. No 16, tamén nun córner que rematou ben Lamelas e Ganzzaniga evitou o tanto, remachouno Samu (1-0). E no 27, unha falta que botou *Álex Fernández e que esta vez comeuse o meta ferrolán, non a perdoou Lamelas para facer o 2-1. Pasada a media hora, no 34 o Ferrol puxo o 2-2 tras un bo centro desde a esquerda que Manu Justo non perdoou e coa esquerda superou a Diego García.