O concurso de camisetas da Festa do Pulpo reunirá a preto de dous milleiros de persoas

Este próximo sábado terá lugar o tradicional concurso de camisetas da Festa do Pulpo, logo de dous anos sen poder celebrarse pola pandemia. Deste xeito, a Festa, nesta 60 edición, recupera o seu formato tradicional. O próximo sábado, día 13, dende as 19:00 horas, terá lugar na Praza Maior. Ata onte mércores estaba o prazo de inscrición aberto para que as peñas que quixesen participara se inscribiran. Preto de duas mil persoas daranse cita nesa tarde, na que se rexistraron un número similar de peñas, pero o que sí aumentou é o número de participantes nelas.

Para esa tarde, comezaremos ca animación de DJ Tibu, un tradicional das festas tanto para nenos coma para maiores. E despois, dende as 20:00 horas, contaremos ca actuación de El Pirata, locutor de Rock FM e que promete un bo espectáculo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta noite aínda están a tempo de chegar ó concerto de Roi Casal, na Praza Maior dende as 23:00 horas, e o venres, actuación do Combo Dominicano, dende as 23:30 horas na praza da Veracruz.

En canto ó próximo domingo, dende o concello ultimas os preparativos para que o parque municipal estea a punto para a celebración deste ano. Precisamente ca declaración de interese internacional da festa espérase unha maior afluencia de xente. O aperitivo xa foi o pasado martes ca tapa xigante, que trouxo centos de persoas, e aínda queda o prato forte, aínda que pedindo que se desfrute con consciencia.