Ribadavia declara a situación de emerxencia e a alerta por seca.

  1. activase o nivel cero do plan de emerxencias municipal de Ribadavia e declarase a situación de alerta por seca.
    Comunicase dita activación á axencia galega de emerxencias, á delegación da xunta de galicia en Ourense e á xefatura provincial de protección civil.
  1. intentaremos continuar mentres sexa posible co mesmo horario de apertura de auga na rede.
    debido ao empeoramento da situación do depósito, a pesar dos traballos de subministro e recuperación día e noite, que continuarán, desde a empresa aqualia recomendan reducir a apertura da rede a unha única franxa horaria ao día.

O consumo de auga ronda os 500.000 litros en cada apertura, o que significa que sae máis auga da que entra. apelamos ao consumo responsable nas horas de abastecemento.

  1. así mesmo, establecéronse máis de 25 puntos de reparto de auga en todo o municipio: depósitos fixos na rúa para que os veciños poidan recoller auga. ao longo do día iranse colocando máis para chegar a máis xente.
    o uso da auga destes depósitos é para uso doméstico. aínda que procede da rede potable non é potable. usos de hixiene e limpeza.
  2. vaise intentar manter o mesmo horario de apertura mentres sexa posible. sendo probable que se reduza a unha única franxa horaria, en función da situación diaria do depósito. somos conscientes que onte á noite houbo dificultades na rede. daremos cumprida información ao respecto, coa antelación que se poida.
  3. desde hoxe temos autorización para coller auga no río avia e miño, e trasladar auga en camións cisternas ata o depósito.
    grazas á nova instrución da chms e da xunta, que autorizan a captar auga directamente nos ríos, desde o concello estase a reforzar desde hoxe o transporte de auga ao depósito desde os ríos.

recordamos que desde o martes estivemos levando auga desde a captación do concello de Beade, e desde hoxe tamén está colaborando o concello de Carballeda de Avia.

AVANTAR ACTIVIDADES

continuaremos levando auga ata o depósito ata conseguir recuperalo.

  1. recordamos que se comezaron os primeiros traballos para a captación/ bombeo provisional de auga de río avia, obras complexas que consisten en establecer un sistema de tubaxes de máis de 2 km salvando unha importante pendente de ata 200 metros.

a situación é grave e require medidas extraordinarias. agradecemos o gran esforzo de todos os veciños.

reiteramos a petición de axuda e colaboración de todas as administracións. non poden deixar soa a ribadavia.

queremos agradecer unha vez máis a colaboración do concello de Beade, de Carballeda de Avia, e ao camión da Deputación que leva tres días traballando con nós.