O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe o Castro de Cameixa, en Boborás, coincidindo co inicio dos novos traballos de escavación arqueolóxica e consolidación. Alén recordou a aposta da Xunta por este proxecto, que continuou coas traballos iniciados por Cuevillas nos anos 40. Esta é a quinta campaña de escavación do Castro de Cameixa, que estará financiada pola administración autonómica cun presuposto de 16.000 euros. A extensión desta campaña será de 100 metros cadrados, aínda que as previsións son a súa recuperación completa.
A alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, puxo en valor este novo programa de escavación como unha aposta clara por potenciar o patrimonio deste concello, ademais agora que tamén queda aberto para as visitas.
O carballiñés Jorge Lamas é o arqueólogo encargado de liderar este equipo de traballo. As catro campañas de escavación anteriores estiveron tamén baixo o seu mando, e para os traballos que se inician esperan os mesmos bos resultados que nos anos anteriores.