A Xunta organiza en Ribadavia un curso de formación en competencias de auditorías de viñedos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria ten previsto celebrar un curso de formación de auditorías do viñedo. Impartido na Oficina Agraria Comarcal de Ribadavia,  terá lugar do 23 ao 26 deste mes de agosto e terá unha duración total de 12 horas, cun horario desde as 16:00 ata as 19:00 horas

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O obradoiro aborda tanto aspectos teóricos como prácticos sobre os procesos que  levan a cabo os profesionais á hora de comezar unha auditoría de viñedo. Esta iniciativa está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, pretende neste caso ampliar a formación dos inspectores do viñedo. Así, o programa formativo inclúe as aplicacións informáticas que se utilizan, ademais do ensino da cumplimentación de documentación e da xeolocalización das parcelas a estudar.

Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2022 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente nesta páxina poden atoparse os referidos cursos e facer a preinscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 988 788 280, ou enviarse un correo a carlos.alvarez.castro@xunta.gal.