Ribadavia segue nunha situación complicada pola seca e falla de abastecemento

A situación continúa a ser moi complicada en Ribadavia a causa da seca e a conseguinte falla de abastecemento. Dende o concello seguen apelando ao consumo responsable da auga nos tramos horarios de abastecemento.

A nova situación de poder captar auga no rio Avia vai axudando ao subministro. Sumouse ao operativo de transporte un tráiler con cisterna de gran capacidade para cargar entre 25.000l-28.000litros/viaxe.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para facer o traslado da auga á planta instalouse un dispositivo de tubaxes para descargar desde a estrada, evitando colapsar a planta entre camións e ter un circuíto organizado para non entorpecer as descargas entre eles.

A consecuencia de todo este operativo, a estrada dirección A Franqueirán-Carballeda de Avia está afectada á circulación, limitada aos residentes e condicionada a cortes temporais debido ao tránsito de camións dirección á Etap.