O Francelos Futbol Club organiza para este próximo venres un triangular con motivo das Festas de San Xes. Nesta ocasión quixeron convidar a dous equipos de Terceira Autonómica, que son o Rápido de Bouzas e o Barco.
A intención da organización e poder manter este campionato nos vindeiros anos. Para iso crearon un trofeo que representa a ventá da igrexa de San Xes, un distintivo turístico da zona. A entrada será de balde, dende as 18:00 horas, no campo local, de Valboa, aínda que se venderán rifas para todo o que queira colaborar co evento.