O Novo Cine de Leiro proxecta “Dios mío, ¿pero qué nos has hecho?”

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso trátase do filme “Dios mío, ¿pero qué nos has hecho?”. Para celebrar o 40 aniversario de voda dos seus pais, os catro fillos de Claude e Marie organizan unha gran festa á que levarán as súas parellas e fillos. O matrimonio, en crise, fará todo o posible para evitar que cheguen.

Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas, ás 18:15 horas e ás 20:30 horas, e o luns e xoves próximos ás 18:15 horas e ás 20:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES