O auditorio acollerá este sábado a quinta edición do Encontro Literario Ourensán

Esta mañá, na Casa do Concello do Carballiño, tivo lugar a presentación do programa da 5º Edición do Encontro Literario de Ourense, que se celebrará este sábado no Auditorio Municipal Manuel María. Diferentes xogos literarios serán tamén protagonistas nesta edición, que rematará coa actuación musical de Jorge Cervantes e Sueños de Ítaca.

Cristin Ferro e Lizzie Quintas foron as encargadas de amosar as novidades deste evento.  Dende as 10 da mañá do sábado desenvolveranse diferentes presentacións, xogos e sorteos. Haberá un descanso para comer no Hotel Derby e pola tarde seguirán as actividades que rematarán antes dos concertos as 9 da noite. Tras o éxito do ano pasado coa temática dedicada a Harry Potter, no 2022 buscan facer protagonista ao Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

O lugar escollido nesta ocasión para o Encontro Literario Ourensán foi o Auditorio Municipal Manuel María para recibir aos 60 asistentes inscritos. Destacan a presenza de escritores de diferentes puntos do panorama estatal e da nosa propia comunidade.