Terras do Carballiño e os seus escritores (XIV) : “Lito Vila Baleato “

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

14-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES. Lito Vila Baleato (Alemaña, 1978).

O recente gañador do concurso de microrrelatos promovido por OZOCOgz, é profesor de ensino secundario e autor dun dos grandes éxitos da novela policial galega dos últimos anos, Campus Morte, coa que ademais gañou en 2019, o prestixioso Premio Frei Martín Sarmiento na especialidade de bacharelato e adultos.

Fillo da emigración como se define a si mesmo, o seu pai Manolo, era do lugar de Paciños, na parroquia carballiñesa de Mudelos, e por estas terras conserva moita parentela. Seu pai coñeceu en Alemaña a outra emigrada do Val do Dubra, casaron e cando apenas contaba con dous anos, Lito (que ven de Mano-Lito, para distinguilo do seu pai), regresou a Galicia e frecuentou con regularidade a casa dos avós en Paciños, tanto de neno e de mozo, como xa despois de adulto, tamén con regularidade.

Conta que, de sempre, asocia O Carballiño co pulpo -subscribo: pola vila do Arenteiro nunca foi polbo…-, prato que non perdoa nas súas visitas. Asentada a familia no barrio compostelán de San Pedro, Lito acadou a dobre licenciatura de Filoloxía Alemá e Hispánica na USC.

Coa axuda de bolsas Erasmus, estivo na Universität Paderborn en Alemaña e máis na University of Manchester na cidade británica. Rematou impartindo docencia na de Paderborn antes de pasar ao ensino secundario, onde exerce agora, coa idea dun retornar definitivo a Galicia.

En Alemaña ten publicado nas editoriais Cornelsen Verlag e Editorial Pons, numeroso material didáctico dende 2010 en español, como Lingua Estranxeira para educación secundaria e diferentes lecturas graduadas para escolares, así como público xuvenil e adulto.

No xornal El Correo Gallego mantén temén o blog La generación de la burbuja. En canto á xénese de Campus Morte, a súa exitosa primeira incursión en lingua galega, conta Lito que “dende sempre desfrutei moito lendo (en castelán, alemán e galego) e a miña maleta de emigrante adoitaba vir cargada cada verán e despois de cada Nadal. de literatura en galego, sen faltar as novelas de Domingo Villar, Miguel Anxo Fernández, Diego Ameixeiras ou do meu compañeiro de estudos Pedro Feijoo”, para engadir que “a idea para escribila ten a súa orixe na miña propia experiencia como estudante Erasmus e finalmente a decisión de escribir unha novela de intriga (ou negra, sen ser demasiado purista na terminoloxía) xorde do desexo de percorrer coas letras esas rúas que, por vivir na emigración, eu non podía pisar a diario (a cidade de Santiago está moi presente ao longo de toda a trama)”.

O director editorial de Galaxia, Francisco Castro, “animoume a que lle mandase algo, xa que semellaba que me gustaba escribir, e cando lle mandei os tres primeiros capítulos, motivoume: Segue a escribir. Se continúa tan ben como empeza, publicarémola”.

Saíu do prelo en 2018, e xa vai pola quinta reimpresión. Tivo ocasión de presentala, ademais de en Galicia, en Bruxelas e Alemaña, visitando tamén numerosos centros de ensino e clubs de lectura.

Entre as case vinte obras publicadas con carácter didáctico para estudantes de español, destacan títulos como El misterio de las mascotas (2012), Aventuras de verano (2012), El secreto de mi padre (2015), Un vecino muy raro (2018), Tres meses en México (2019) e Más que amigos (2021).

Disponse a presentar en poucas semanas, o libro S.D. Compostela. 1962-2022, con César, un dos seus dous irmáns.



Outros artigos de Miguel Anxo Fernández Fernández

Terras do Carballiño e os seus escritores (XIII) : “Pablo Nogueira Campo “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XII) : “Ramón Caride Ogando “

Terras do Carballiño e os seus escritores (XI) : “José Manuel Mouriño”

Terras do Carballiño e os seus escritores (X) : “Xosé Prada Martínez”

Terras do Carballiño e os seus escritores (IX) : “Manuel Chamoso Lamas”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VIII) : “Xosé Manoel Rodríguez”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VII) : “Ismael González Díaz”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( VI) : “Víctor Campio Pereira”

Terras do Carballiño e os seus escritores ( V) : “Ánxel Sevillano García “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( IV) : “Antón Losada Diéguez”

O Carballiño e os seus escritores ( III) : ” Benxamín Vázquez González “

O Carballiño e os seus escritores ( II) : ” Xosé Fariña Jamardo “

Terras do Carballiño e os seus escritores ( I) : ” Aurelio Miras Azor “