Dobre podium en Carral, A Coruña, para o MPC Terras de Cea

Esta fin de semana celebrouse en Carral, A Coruña, a terceira proba da Copa Galicia de XCM de ciclismo. Nesta xornada, o equipo MPC Terras de Cea logrou grandes resultados. Diego Marnotes conseguiu rematar nun fenomenal 13º posto da xeral, e 1º en Sub-23, consolidando aínda máis o seu liderazgo nesta categoría.

E Antonio Marnotes, que tamén chegou en gran forma, rematou como 26º na xeral e 3º en Master 50, loitando polo segundo posto ata o sprint final. Noraboa!

AVANTAR ACTIVIDADES