O concurso fotográfico de O`Potiños ten de data límite o próximo 9 de setembro

O Concello do Carballiño presentou a finais do mes de xuño un novo concurso fotográfico organizado pola Asociación Potiños, en colaboración co Centro Comercial Aberto e o propio concello.

A data límite para poder participar está a piques de chegar ó seu fin, sendo o 9 de setembro o último día.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os concursantes poderán presentar ata 3 fotografías de tema libre e cun formato determinado a través de correo electrónico á páxina web da asociación.  As bases do concurso pódense consultar na páxina web da Asociación Fotográfica Potiños.

Concederanse tres premios: o primeiro deles, unha dotación económica de 400€ doado polo Concello do Carballiño e outros dous, un de 200 e outro de 100 en vales de compra promovidos polo Centro Comercial Aberto.

Un xurado composto por membros destes organismos así como dous fotógrafos locais que achegarán unha visión máis profesional, encargarase de avaliar as características técnicas e artísticas das mesmas. 20 serán escollidas para expoñer no Arenteiro Fotográfico. O pasado ano participaron preto de 200 imaxes