A Festa da Istoria de Ribadavia volve co programa completo logo de dous anos

IES CHAMOSO LAMAS

A Festa da Istoria de Ribadavia volve ó seu formato tradicional, logo de dous anos sen poder celebrarse. Nestes días previos, os diferentes grupos ensaian as actuacións para a fin de semana. A programación comezará o venres, ca apertura do mercado artesanal, xogos para nenos, esgrima, concertos de música medieval cos Tabaleiros da Istoria e Pandereteiras e a lectura do bando, ás 21:00 horas, e pola noite, concerto de Treixadura e espectáculo de lume.

O sábado, volve o gran desfile da Istoria, ás 11:00 horas. Como cada ano, a programación contará con baile medieval, axedrez vivvente, boda xudía, cetrería, xantar medieval, carreira de pipotes e música variada.

OZOCOgz Deseño Galego