O comité clínico mantén a O Carballiño no nivel medio e pasa a Avión ó nivel medio-baixo

09,00 h.- O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informará en rolda de prensa dos asuntos tratados no comité clínico. Asistirán tamén a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e o xerente do Sergas, José Flores. No salón de actos. Poderase seguir na ligazón https://us02web.zoom.us/j/87111017796 e a través dos teléfonos 917 873 431; 843 685 025; 917 870 058 (código da reunión: 871 1101 7796). foto xoán crespo 29/12/2020

O conselleiro, Julio García Comesaña, compareceu hoxe para dar conta das medidas tomadas polo comité clínico na súa reunión de hoxe. A evolución de Galicia en xeral é mellor nos últimos días, a pesar de que se vai ralentizando.

Así, O Carballiño e Ourense cidade mantéñense no nivel medio. Avión, que estaba no nivel medio, baixa o nivel medio-baixo. O conselleiro referiuse á vacinación coma chave para frear os datos, destacando que os novos contaxios son, na gran maioría, mozos sen vacinar.  

AVANTAR ACTIVIDADES

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantiveron unha reunión cos representantes da hostalería en Galicia para revisar a proposta realizada o pasado venres.

Alfonso Rueda destacou que o obxectivo do Executivo galego é ter este novo modelo en funcionamento a principios de setembro.

Julio García Comesaña, indicou que haberá tres niveis e que os locais que cumpran un maior número de condicións poderán manter maior capacidade. Lembran a importancia de usar máscara e manter a distancia social, sen esquecer que hai que manter a calidade do aire.