O Carballiño contará cun novo viveiro empresarial ca axuda da Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia apoiará a creación de sete polígonos industriais en diferentes concellos das catro provincias mediante unha axuda de 1,68 millóns de euros. Contribuirán a “favorecer a implantación inicial e consolidación de empresas nos concellos beneficiarios”.

En concreto, para o do Carballiño, financiaranse unhas axudas por valor de 239.787 euros para a execución dunha obra de 351 metros cadrados de nave.

AVANTAR ACTIVIDADES

Xunto a estas axudas, a Xunta de Galicia tamén concedeu 3,25 millóns de euros para impulsar a mellora das infraestruturas dos polígonos empresariais de 38 concellos, co obxectivo de acondicionar camiños, instalar sistemas de seguridade e vixilancia, xestionar residuos e depurar as augas, entre outras accións.