O Novo Cine de Leiro ofrece dobre programación para esta fin de semana

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira como cada semana. Neste caso contará cunha dobre proxección, pensada en todos os públicos. Por unha banda, o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas, proxectarase o filme infantil “Ha nacido un villano. El origen de Gru”, a última entrega da saga dos Minions, na que os máis pequenos da casa coñecerán as orixes deste villano.

Por outra banda, teremos o filme “Voy a pasarmelo bien”, unha película de comedia musical hispano-mexicana de 2022 dirixida por David Serrano. Nomeado así polo álbum de música homónimo de Hombres G, inclúe cancións da mencionada banda. Está protagonizada por Raúl Arévalo, Karla Souza e Dani Rovira. Poderase ver o venres, sábado e domingo e o luns e xoves próximos ás 18:15 horas e ás 20:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES