O concello presenta a quinta Mini BTT, organizada polo Club Ciclista Carballiño

Onte tivo lugar a presentación da quinta edición da Mini BTT Concello do Carballiño, organizada polo club Ciclista Carballiño. O evento deportivo terá lugar este próximo domingo, no parque municipal.

A concelleira de deportes, Silvia Baranda, amosou o apoio total do concello co evento deportivo e destacou a repercusión que trae con el á vila.

AVANTAR ACTIVIDADES

Roberto Rodríguez, presidente do Club Ciclista Carballiño, falou hoxe máis ó detalle sobre este evento, que contará con máis de 300 inscritos, neste caso procedentes algúns deles de Castellón, Salamanca, Madrid e Portugal. A proba dará comezo ás 10:00 horas e terá diferentes circuítos segundo as categorías.

O presidente quixo destacar que este evento tamén lles axuda a crecer como club, contando con 17 mozos participantes nesta proba este ano e conseguindo medrar a escola ano a ano.

Este evento suporá ademais un novo pulo para o municipio, para o sector hostaleiro e comercial, achegando a un milleiro de persoas, algunhas delas tamén en autocaravana.