O concello de Ribadavia prosegue cas obras de mellora no paseo do río Avia

O Concello de Ribadavia está realizando traballos para a mellora do pavimento no camiño fluvial do Avia grazas a un investimento de 45.359,26 €, dentro do antigo Plan Marco da Xunta de Galicia destinado a este tipo de camiños.

As actuacións contempladas consisten na mellora do camiño do río Avia ao seu paso polo centro urbano, onde existen numerosas fincas e hortas , un camiño de moita concorrencia e afluencia dos veciños, conta cunha lonxitude de arredor de 2.000 metros e un ancho de 4,00 m.

AVANTAR ACTIVIDADES

A esta mellora do pavimento deste paseo, hai que mencionar que neste camiño tamén se está rematando o proxecto de instalación das luminarias entre San Cristovo e Francelos. O tramo do centro urbano está xa instalado e estanse realizando probas, mentres que no tramo de San Cristovo ao Xestal estase instalando o cableado.

Segundo afirma a alcaldesa, Noelia Rodríguez, estímase que na vindeira semana as dúas obras, tanto de mellora do pavimento como a instalación das luminarias, deberían de estar realizadas e completadas.

A obra realizase respectando os materiais existentes xa neste paseo fluvial e repsectuosos co medio ambiente. Esta actuación discorre sobre o camiño existente que conta cun pavimento granular en estado de deterioro, polo que se pretende con esta actuación mellorar a repoñer a capa superficial e evitar así un maior deterioro da mesma.

Para esta mellora procederase a apertura dunha caixa de 15 cm de profundidade, posterior refino da mesma, e a extensión dunha capa de 15 cm de saburra artificial. As tarefas consisten na roza mecanizada en marxes camiño e repaso manual, refino e planeo da caixa do camiño, apertura de caixa para firme, e base de zahorra artificial.