O concello espera o inicio da mellora da rúa Ourense para o outono

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este próximo outono, o concello do Carballiño executará un novo paquete de obras de mellora, todas elas aprobadas con cargo ó orzamento deste ano. Entre elas temos que falar da tan manida rúa Ourense, levada a pleno pola formación de Espazo Común en numerosas ocasións polos cambios no proxecto. O alcalde, Francisco Fumega, asegura que esta sería unha das que esperan poder executar este outono, á espera da súa licitación e adxudicación.

O proxecto para esta zona, que ascende a máis dun millón de euros, financiado case na súa totalidade pola Confederación Hidrográfica, é complexo, xa que contempla a rede de saneamento e abastecemento dunha ampla parte do municipio. O proxecto sufriu varias modificacións . Neste momento de problemas pola sequía, para o alcalde é importante o arranxo dun sistema antigo e que ten fugas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No mes de xuño, o alcalde aseguraba en pleno que a empresa comezara xa ca redacción do proxecto e que esperábase que estivese rematado no prazo de dous meses. Neste momento, avanza segundo o esperado.