O concello de Cea busca persoal para o obradoiro dual de emprego “Vía da Prata”

O concello de San Cristovo de Cea aprobou as bases que rexerán a creación dun proceso selectivo para a selección do persoal directivo e docente, do proxecto Obradoiro Dual de Emprego denominado “Vía da Prata II”, promovido polos concellos de San Cristovo de Cea, Piñor e Vilamarín.

A duración do contrato será de 12 meses e as vacantes que se buscan son a de director, persoal administrativo e persoal docente. O prazo de presentación de solicitudes é nos cinco días naturais seguintes aos da publicación do presente anuncio, no Rexistro Xeral do Concello de San Cristovo de Cea, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.