O Festival do Teatro Galego doará unha parte da recaudación das obras a Aspadisi

Esta mañá, na Deputación de Ourense, presentouse a 33ª edición do Festival do Teatro Galego, FETEGA, que terá lugar a próxima semana, do 5 ó 9 de setembro.

Unha porcentaxe do recadado durante as estreas das obras será doado para a asociación ASPADISI, como colaboración para a construción da residencia. Manuel Amil, membro da directiva, agradeceu hoxe esta aportación, e tamén a da Deputación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por parte do concello, estivo presente o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, quen destacou esta colaboración solidaria e puxo en valor a calidade destas xornadas que encherán de novo o municipio.

Luís Tosar, presidente da Fundación Insua dos Poetas, colaborador deste evento, estivo tamén hoxe, para anunciar que o acto de clausura do FETEGA este ano desprazarase ata esta paraxe.

Anxo Lorenzo, secretario xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, quen destacou a vagaxe de 33 anos de teatro sumado ó potencial cultural da vila.

Carlos Ledo, director do FETEGA, falou hoxe da programación prevista para os próximos días, que este ano se tivo que enfocar nas estreas, e de novo con Barafunda, para a animación de rúa.

A deputada provincial, Patricia Torres, quixo agradecer que se fixera esta presentación na súa casa, e desexou os mellores éxitos a esta nova edición.

Haberá teatro de rúa e no auditorio municipal (VER PROGRAMACIÓN EN DOSSIER). O premio de honra deste ano será para Tatán

MARTES 6
11:00 h. A Maruxaina do Arenteiro – Barafunda
17:00 h. A Maruxaina do Arenteiro – Barafunda
19:30 h. A Maruxaina do Arenteiro – Barafunda
20:00 h. O Péndulo – Inversa Teatro

MÉRCORES 7
11:00 h. A Pomba que te alegra – Barafunda
17:00 h. A Pomba que te alegra – Barafunda
19:30 h. A Pomba que te alegra – Barafunda
20:00 h. O Deus Pop – Diego Anido

XOVES 8
11:00 h. O Titiriteiro e o Demo – Barafunda
18:00 h. O Titiriteiro e o Demo – Barafunda
19:30 h. O Titiriteiro e o Demo – Barafunda
20:00 h. Mestre ma non troppo – O Barandullo Azul
20:00 h. Rapsofá – Xerpo

VENRES 9
11:00 h. Octavio e o Premio – Barafunda
17:00 h. Octavio e o Premio – Barafunda
19:30 h. Octavio e o Premio – Barafunda
20:00 h. Home – Cou.media – Antón Coucheiro
22:30 h. Mentres dure a canción – Producións Dispersas