O domingo 4 de setembro, ás 19 horas terá lugar a clausura da exposición Camiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O domingo 4 de setembro, ás 19 horas terá lugar a clausura da exposición Camiño, na que estaremos acompañados polo autor Yasuhiro Yotsumoto.

As fotografías están expostas no Centro Sociocultural Mingos da Pita en Melide.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na fotografia de Yasuhiro encontramos a súa visón poética do mundo, como poeta que é, o seu blog de fotografía títulase Eye Poet (ollo do poeta).

‘O Camiño’, como parte da procura da integración na natureza, ten unha importancia fundamental na espiritualidade de Yasuhiro. Tamén polo seu aspecto relixioso, caso dos tres que se poden contemplar na presente exposición (Santo André de Teixido, Kumano e Fisterra). 

É un dos referentes na poesia xaponesa, o seu primeiro poemario (Warau bagu ‘O bug que ri’) foi publicado en 1991.

Residir en Alemaña desde 1994 non lle impediu seguir sendo un destacado protagonista da poesía xaponesa, como o demostra o feito de ser o editor xaponés do sitio Poetry International Rotterdam, ou ter traducido ó xaponés autores como E. Dickinson, Dante, Rilke ou Li Po.