A quinta campaña de excavación no Castro de Caimeixa comeza a desvelar novos achazgos

O pasado 16 de agosto comezaban os novos traballos de escavación arqueolóxica e consolidación no Castro de Cameixa, en Boborás. Esta é a quinta campaña de escavación, que estará financiada pola administración autonómica cun presuposto de 16.000 euros. A extensión desta campaña será de 100 metros cadrados, aínda que as previsións son a súa recuperación completa.

O carballiñés Jorge Lamas é o arqueólogo encargado de liderar este equipo de traballo. As catro campañas de escavación anteriores estiveron tamén baixo o seu mando.

AVANTAR ACTIVIDADES

Logo de apenas vinte días de traballo, xa apareceron os primeiros tesouros. Trátase dunha pulseira tipo Baños de Molgas e un gancho de espeto.