Extinguido o lume orixinado no punto limpo da Foz, con 30 hectáreas de arborado afectadas

A Consellería de Medio Rural actualiza a situación dos lumes na nosa contorna. Onte, en torno ás 18:55 horas, quedaba extinguido o incendio que se orixinou o pasado xoves en Ribadavia, no punto limpo da Foz e se estendeu ó monte de Santa María. A superficie estimada afectada é de 30 hectáreas, todas elas de arborado. Na súa extinción traballaron un técnico, 38 axentes, 78 brigadas, 49 motobombas, dúas palas, oito avionetas e oito helicópteros.

Este lume xa está sendo investigado pola policía xudicial, considerando unha presunta intencionalidade. Provocou ademais cortes de subministro eléctrico nass parroquias de Francelos e Prexigueiro, xa que a liña de alta tensión a causa deste lume tivo que ser cortada porque había risco para os brigadistas e medios aéreos. Agora, o subministro xa está restablecido por completo.

AVANTAR ACTIVIDADES