Fin de semana de descontos ca Feira do Stock do Carballiño

O comercio do Carballiño saíu esta fin de semana á Praza Maior con motivo da Feira do Stock, para incentivar as vendas de artigos de tempada con grandes rebaixas. Un total de 16 comercios asociados ó Centro Comercial Aberto levaron grandes descontos nunha 19ª edición que adiantou a súa data habitual de celebración. O tempo acompañou, a pesar das previsións de choiva, aguantou durante a fin de semana.

Esta fin de semana saíron a esta feira de fin de temporada, con grandes rebaixas, prendas de roupa de home, muller e neno, artigos para o deporte, calzado e ata froita, xa que tamén unha froitería participará na feira. Os comerciantes valoran positivamente esta iniciativa, como un xeito máis de chegar á xente é incentivar as ventas.

AVANTAR ACTIVIDADES