A Mancomunidade de Concellos do Carballiño pon en marcha a 5ª edición dos talleres de estimulación cognitiva denominados “Entrenando as cabeciñas”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Mancomunidade de Concellos do Carballiño informa da posta en marcha da
quinta edición dos talleres de estimulación cognitiva denominados Entrenando as
cabeciñas, dada a acollida e o éxito que tiveron durante as pasadas edicións. Trátase
dunha actividade destinada a persoas maiores de 50 anos, moi importante para fomentar
as capacidades cognitivas e un envellecemento activo e saudable.
Esta iniciativa será impartida polo Programa de Educación Familiar; e serán
as 3 educadoras familiares que forman o equipo as que se desprazarán a cada un dos 4
concellos integrantes para traballar áreas tan importantes como a linguaxe, a memoria, o
cálculo, a atención e as funcións executivas. A programación iniciarase no mes de abril,
seguindo a seguinte planificación:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A actividade dará comezo o 19 de setembro e, facendo os descansos
correspondentes ó calendario escolar, está previsto continuar co seu desenvolvemento
ata o mes de xuño, sempre e cando se manteña a demanda da actividade.
Toda persoa interesada en participar debe comunicalo no seu concello, onde
formalizará a inscrición nesta actividade, totalmente gratuíta