O Club Ciclista Carballiño alerta de danos en Pena Cobertoira

O Club Ciclista Carballiño atopábase onte cunha sopresa desagradable ó chegar a unha das zonas que usan para o adestramento da Escola de Ciclismo en Pena Cobertoira, xa que estaba totalmente destrozada.

Recordan que esta zona non está abandonada, se non que a usan tanto para os adestramentos dos mozos na práctica de ciclismo coma a organización do EXTREMO MESEGO, contando co permiso da Asociación de Veciños de Sagra e do concello do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ambos clubes encárganse do seu mantemento cos seus propios recursos para que as zonas estean dispoñibles para todo o mundo e piden que se respecte o seu traballo evitando este tipo de actuacións.