O concello adxudicará este outono a construcción do novo parque de Toscaña

IES CHAMOSO LAMAS

O concello do Carballiño poñerá en marcha neste próximo outono un paquete de obras con cargo ó orzamento municipal. Entre elas, rematarase a mellora do paseo do Arenteiro ca execución do parque de Toscaña. Este parque contará cun presuposto que supera os 200.000 euros e que co proxecto previsto para esta zona infantil cubrirase unha necesidade actual para a mocidade, segundo comentou o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, quen destacou tamén a inversión en seis parques infantís nas parroquias.

En canto a outras obras previstas, está adxudicada tamén a mellora da rúa Saleta e o asfaltado de diversas estadas nas parroquias, así como a próxima adxudicación para a creación da nave do viveiro de empresas, que contará ca financiación da Xunta de Galicia.

HIPER MASIDE

Dende a pasada semana xa está ó completo de volta o cadro persoal municipal, polo que os procesos de licitación e adxudicación xa están en marcha.