O BNG lembra que está aberto o prazo de subvencións para a dinamización das Prazas de Abastos

. No pleno ordinario do mes de setembro celebrado o pasado venres día dous polo Concello de Ourense, a corporación municipal aprobaba por unanimidade a moción rexistrada polo Grupo Municipal do BNG e relativa a solicitar da Xunta de Galiza colaboración económica para o financiamento das obras de humanización da contorna da Praza de abastos nº 1 de Ourense.

No debate da mesma, o portavoz municipal e candidato á alcaldía polo BNG Luís Seara, lembroulle ao alcalde que estaba a piques de abrirse a convocatoria dunha liña de axudas para a concesión en réxime de concorrencia non competitiva, para o impulso da Rede de mercados excelentes de Galiza e para a dinamización e revitalización das Prazas de Abastos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pois ben, o pasado martes día seis de setembro, saía publicada no DOG número 16 a Orde relativa ao 19 de agosto e na que se establecen as bases reguladoras da convocatoria. Desde o BNG reclámanlle unha vez máis ao Goberno Local que “asuma a súa responsabilidade e presente a solicitude pertinente para optar a estas axudas, as cales, contribuirían a rematar as obras de adaptación do edificio e favorecerían a súa pronta posta en funcionamento”.

Igualmente, Luís Seara lembra que, “para nós, a Praza de Abastos e todo o que implica desde o punto de vista económico e social é fundamental para o desenvolvemento de Ourense”, e engade, “falamos dun dos proxectos estratéxicos e que fan cidade polo que reiterámoslle ao alcalde a necesidade de deixar a un lado as teimas persoais que ten para coa Praza e para coas praceiras e praceiros, exerza as súas responsabilidades como alcalde e opte a estas axudas”. No BNG remarcan ademais que tal e como se recolle na Orde, o prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado a partires do día seguinte ao da publicación da citada orde no Diario Oficial de Galiza, algo que se produciu o pasado martes seis de