O Inorde lanza “caminOUrense”, unha aplicación de seguridade e emerxencia para os peregrinos na provincia

O Inorde acaba de lanzar “caminOUrense”, unha aplicación de seguridade e emerxencia para os peregrinos que realicen algún dos itinerarios xacobeos oficiais na provincia de Ourense (Vía da Prata e Camiño de Inverno), plataforma que xa está incluída nos markets para a súa descarga. Esta nova ferramenta, que se lanza como actividade previa á celebración da “Mobile Week”, foi desenvolta no marco do proxecto europeo “Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular” do que o Inorde é socio.

A xerente do Inorde, Emma González, foi a encargada de presentar esta nova ferramenta esta tarde, na Ponte Romana da cidade (por onde pasa a Vía da Prata), acompañada polo presidente do Club de Asesou, Pablo Prada, quen xunto a un grupo de marcha nórdica emprenderon un tramo do Camiño para poñer a proba precisamente esta app.

Emma González dixo que “este lanzamento evidencia como as novas tecnoloxías poden mellorar as experiencias dos visitantes nos destinos, demostrando as oportunidades que nos ofrece a dixitalización para a transformación competitiva dos territorios”.

PUBLICIDADE ELECTORAL