Remata a quinta campaña de escavación no Castro de Cameixa, en Boborás

O pasado 16 de agosto, comezaba a quinta campaña de escavación no Castro de Cameixa, en Boborás. Pasados algo máis de vinte días, o equipo liderado polo arqueólogo carballiñés Jorge Lamas, xa rematou os traballos na zona.

Estivo financiada pola administración autonómica cun presuposto de 16.000 euros. A extensión desta campaña será de 100 metros cadrados, aínda que as previsións son a súa recuperación completa.

AVANTAR ACTIVIDADES

Segundo os profesionais, cada vez queda máis clara a presencia dun complexo siderúrxico neste oppidum. Os descubrimentos deixan ver un forno de ferro no que aínda restaba un tramo de torta de fundición, e unha fragua con tódolos seus elementos adxectivos, e un morteiro, que xa se escavara na campaña pasada.

A alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, puxo en valor este novo programa de escavación como unha aposta clara por potenciar o patrimonio deste concello, e anunciando a intención de seguir con novas campañas.