Nestes día comezou a levarse a termo a axenda xuntanzas que os membros de Espazo Común do Carballiño teñen previsto realizar cos diferentes colectivos existentes no pobo ca fin de ter unha lectura precisa da situación actual de cada eido e de recoller ideas e propostas de futuro.
O proxecto “Falando co Carballiño” ten como principal obxectivo coñecer de primeira mán as demandas, necesidades e proxectos de todo o tecido social que conforman asociacións veciñais, culturais, empresariais, xuvenís, deportivas e de toda índole coas que se agarda manter reunións nas vindeiras semanas.
Ante a actual situación de parálise, perda e envellecemento de poboación e, sobre todo, coa falla máis ca evidente dun proxecto de pobo por parte do goberno actual, faise imprescindible unha escoita moi atenta daqueles que están nos difreente ámbitos do día a día para trazar unha proposta que garanta que O Carballiño volte a ser unha referencia clara no interior de Galicia.
Tódalas ideas recollidas serán plasmadas na proposta de accións coas que Espazo Común pensa reconducir o camiño e traballar cóbado con cóbado con todos aqueles que desexen pelexar para que voltemos a recuperar o esplendor e a forza que tivemos algún día coma vila e que hoxe é só un espellismo.