O PP de Ribadavia denuncia o mal estado no que se atopan as pistas de acceso a zonas agrícolas cando xa comezaron as labores de vendima.

O Partido Popular de Ribadavia denuncia o mal estado no que se atopan as pistas de acceso a parcelas agrícolas nas diferentes localidades do concello, unha situación que se agrava se temos en conta que estamos inmersos xa na campaña de vendima 2022.

Os populares sinalan que esta situación é a consecuencia directa da inacción do goberno municipal que dedica mais tempo ás súas liortas internas que a atender as necesidades da veciñanza, o que provoca que nun momento tan importante coma o da vendima, no que os camiños e pistas que dan acceso a parcelas agrícolas deberían estar en perfectas condicións, atópanse en moi mal estado e, nalgúns casos practicamente intransitables para os vehículos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Unha vez máis vemos como a veciñanza de Ribadavia sufre as consecuencias da absoluta falta de coordinación existente no goberno municipal onde os dous grupos que o conforman están mais preocupados de facerse a guerra interna un ao outro que de traballar para resolver os problemas da veciñanza.