Unha investigación da Garda Civil iniciada no Carballiño e centrada na compra e venda de arte sacra de procedencia ilegal remata con 4 detidos

investigación da Garda Civil iniciada en Carballiño e con implicacións en distintas partes de Galicia . Derivado desta operación, da que apenas transcenderon datos porque a causa xudicial declarouse secreta, axentes da Garda Civil realizaron rexistros nun piso e un local comercial da cidade de Pontevedra e nunha vivenda do Toural, en Vilaboa

A operación ten a súa orixe en Carballiño, diríxea o Xulgado de Instrucción número 2 desta localidade e o principal sospeitoso procede desta zona. Trátase dun operativo centrado na compra e venda de arte sacra de procedencia ilegal e os detidos en Pontevedra supostamente comprarían ese material ao seu vendedor principal, pero non se demostrou que soubesen que se trataba de material roubado ou se eran compradores de boa fe. 

AVANTAR ACTIVIDADES
FOTO pontevedraviva.com © Mónica Patxot

Realizaronse polo menos catro detencións nesta operación, das que tres foron na cidade de Pontevedra. Dos tres detidos en Pontevedra, polo menos unha persoa xa foi posta en liberdade de forma inmediata. Os tres detidos de Pontevedra están acusados dun delito de receptación. 

Mais Información no dixital pontevedraviva.com