Comunicado do Bng de Castrelo de Miño

O pasado 8 de setembro, aprobouse en sesión plenaria a Conta Xeral do exercicio 2021, e remitiuse á fiscalización do Tribunal de Contas e Consello de Contas.
O concello de Castrelo de Miño a data de 31 de decembro de 2021, posuía nas súas contas bancarias, repartidas entre as entidades de Abanca, Sabadell e Santander, un total de 282.960,82 €. Máis saldo en contas que débeda ten o concello a longo prazo segundo os datos do ministerio.
O ilexítimo alcalde xa pode ir deixando a un lado o discurso de que non
ten fondos no concello por mor da herdanza do BNG. Está claro que cando
non colabora coas asociacións veciñais, ou quita servizos á veciñanza
escudándose nos problemas económicos esta mentindo. Non o fai por
carraxe a simpatizantes doutros partidos políticos que non sexan o PP ou
porque directamente non lle dá a gana nin lle importa dado que non vive
no noso concello.
Para gastar 8.000 € en xantares a modo de precampaña electoral, ou 500
€ en camisolas para o grupo de goberno (tránsfugas do PSOE incluídos)
para iso si que dispón de fondos… prioridades do PP!