O que acontece é insignificante, o importante é o que nos contan

Antón Jardón

Curriculum Antón Jardón


«Nao posso crer que isso seja assim. Posso crer que alguém o julgue assim»

(Fernando Pessoa, O libro do desassossego)

AVANTAR ACTIVIDADES
A finais de agosto morría Mijaíl Gorbachov e, hai cousa dun mes, tomaba posesión Gustavo Petro, como primeiro presidente de esquerdas de Colombia, nos seus 200 anos de vida como país independente. E, se houbese algo de rigor e obxectividade nos grandes medios de comunicación, parece obvio que semellantes acontecementos deberían ser merecentes dun trato semellante a ese notición, que apareceu por mor do pasamento da señora Elizabeth Alexandra Mary de Inglaterra e do ascenso a rei do seu fillo maior, o pasado 8 de setembro, día da Nosa Señora dos Milagres.
Eses dous asuntos, que aconteceron tal e como estaba previsto dende hai anos, adquiriron de inmediato a categoría de tema monográfico nos telexornais, sen que a día de hoxe saibamos cando deixarán de aburrirnos con este mantra, ou “noticia del corazón”, que se empeñan en que nos interese máis cá guerra de Ucraína, cá suba do IPC ou cás chuvias que pretenden asomarse discretamente, pretendendo facernos a vida algo máis levadeira, agora que está a piques de irse, canda Isabel II de Inglaterra, o verán máis seco e caloroso que seica padecemos dende moito antes de nacer a protagonista. A diferenza está en que ao funeral do verán, o mesmo que ao dos plebeos, pode asistir quen queira; ao da raíña de Inglaterra só poden acudir os convidados, sen que iso lle estorbe, aos que nos contan o que pasa, para embobarnos con simples matices de suma transcendencia: o Emérito irá ao funeral por ser rei ou porque é parente da defunta? 
O presidente colombiano foi elixido democraticamente pola cidadanía do seu país, o ex xefe de Estado da URSS ocupou o cargo porque o elixiron no seu día –aínda que fose daquela maneira– secretario xeral do Partido Comunista da Unión Soviética. Mais o novo rei de Inglaterra, quen por mor da súa vida laboral e da súa idade debería ser merecente dunha pensión non contributiva, accede á xefatura suprema de Gran Bretaña, doutros catorce Estados e mesmo dunha confesión relixiosa, por pertencer a determinada familia e tamén porque, en todas as analíticas que lle fixeron nos seus 73 anos de vida, sempre lle atoparon glóbulos azuis no sangue.
Así que, no medio de tanto fastío e mangoneo, sería desexábel que apartaramos un instante a ollada da pantalla da televisión, non só para evitar que o médico nos acabe diagnosticando o mal da vista cansada –ou o de papahostias crónico– senón tamén para intentarmos interpretar os algarismos arábigos da letra pequena, ás veces moi difusa e sempre tan revirada, que se agocha entre as maiúsculas, que os encargados de despistarnos tratan de inxectarnos na masa encefálica, con absoluto descaro, para que creamos o que sempre pretenden contarnos.  
[O meu tío Lisardo, desconfiado por natureza, ou talvez por mor das cicatrices que tanto lle engurran os miolos, é dos que pensan que, se cando falan da biografía do tal Carlos III, amentan as súas presuntas falcatrúas, tamén podería ser, non para que as coñezamos, senón para que non nos escandalicemos ao escoitarmos decires parecidos que lle afectan a outros que nos presentan como salvadores da democracia. Mais iso carece de importancia, porque ao fin de contas os reis nunca delinquen, só cometen erros insignificantes] 

Outros Artigos de Antón Jardón :

“Don Alberto, o home que perdeu o acento (que nunca tivo)”

“Tempos de pandemia e secura”

“O estado da nación / O estado da ficción”

“A insipidez minguante da esquerda cortesá”

” Don Alberto e a astroloxía luscofusquiana “

Aaai!, se as paredes falasen, don Alberto.

” Feijoo e a reconciliación coa familia (política) “

” O seu nome fede a pólvora queimada, excelentísimo señor! “

” Feijóo rebenta os freos ao atravesar ao Padornelo “

” Por que te vas, Alberto? “

” Contra o carnaval de Madrid, viva o entroido de Xinzo! “

” Cando as rogativas non dan acabado coa sequía “

” O desencanto de don Claudio “

” Don Claudio e o progreso “

” Vai moito frío en Penalonga “

” A matanza do tempo “

“Unha ovella na tulla do diñeiro”

” Mirando cara a acolá “

” A galiña que pon os ovos sen data de caducidade “

O pan noso de cada día

” Quen ri último, ri mellor “

” Rebuscando nos sumidoiros “

” Conichos e fantoches “

” Contando tardes, sobre todo, tardes “

Quen anda aí?

A señora da máscara no papo (e a educación no sobaco)

“Paco Picholas e os elementos noctámbulos ”

” Sente aqui, señor! “

” A codia das ausencias en tempos adversos “

A algarabía cuántica da covid-19 e a matanza da señora Clotilde [relato]

” A contumacia dun milhomes contra a cerellada doutros catro [relato] “

” Que diferenza hai entre a denta-dura de Trump e o dentame de Bide? “

Maldita escuridade! (Sempre anoitece con máis Vox e menos Nós no horizonte)

Guerra patriótica: nacionalismo madrileño contra centralismo español

” Ménage à trois nas cloacas do Barbaña “

” Algo cheira a rancio na cidade dos biosbardos “

” Casabranca e o lado íntimo da pseudo-política ourensá.”

” Non hai doce sen trece (corolario) “

” Non hai doce sen trece (segunda parte) “

” Non hai doce sen trece (primeira parte) ”

” Antollo e o xurelo guisado [relato] “

” O can vello, o amo e o patrón [relato] “

” Incontinencias dun petulante na fase 1 [relato] “

” O corvo e o alcalde [relato] “

” A pandemia dos estorniños berrecallos [relato] “

” Unha muller confinada no supermercado “

“O cadeliño zuro e o visitante impertinente”

“Mentres tanto”

” 5 de abril, Domingo de Ramos “

” Galicia, esa esquina do mapa “

” Un País que se disipa sen remedio “