Roteiro cultural do centro de estudios Chamoso Lamas sobre as orixes do Carballiño, que terá lugar o domingo, 18 de setembro, ás 11,00 h.

IES CHAMOSO LAMAS

Coincidindo co remate das festas patronais de San Cibrao, O Centro de Estudios Chamoso Lamas organiza o próximo domingo, 18 de setembro, un roteiro cultural que se desenvolverá polo casco urbano e que estará guiado polo historiador Carlos Montes Marqués.

Esta iniciativa, que conta co patrocinio da Adega Pazo Tizón e a colaboración do Concello do Carballiño, enmárcase no programa de actividades desenvolvido polo Centro de Estudios Chamoso Lamas ao longo deste ano e que continuará os días 7,8 e 9 de outubro coa celebración do XII Congreso do colectivo cultural carballiñés, que será presentado ao longo desta semana.

HIPER MASIDE

O roteiro comezará ás 11,00 h no patio da Residencia Irmáns Prieto, que é o punto de encontro. De seguido, percorreranse algúns dos lugares máis significativos do casco urbano carballiñés vencellados coa historia da vila, entre eles o barrio de Flores. Ao remate do roteiro, sobre as 14,00 h., ofrecerase aos participantes un viño e unha tapa de empanada por xentileza da Adega Pazo Tizón, colaboradora deste evento cultural.

O historiador Carlos Montes Marqués, integrante do Centro de Estudios Chamoso Lamas, é o autor do traballo titulado “As orixes do Carballiño (1600-1750)”, que foi publicado no número 3 da revista Argentarium, editada polo Centro de Estudios Chamoso Lamas, e que contén un exhaustivo acopio documental sobre as circunstancias históricas que deron lugar ao nacemento do Carballiño, incluindo as redes de comunicación, os lugares do Carballiño, como o barrio de Flores ou Porto Carreiro, as disputas xurisdicionais, o campo da feira e o comercio, entre outros aspectos significativos da creación e consolidación da vila carballiñesa.

Para participar neste roteiro non é preciso efectuar inscripción previa, senón acudir ao punto de encontro, no patio da Residencia Irmáns Prieto, ás 11,00 h., do domingo 18 de setembro.