Derivado desta operación, da que apenas transcenderon datos porque a causa xudicial declarouse secreta, axentes da Garda Civil realizaron rexistros nun piso e un local comercial da cidade de Pontevedra e nunha vivenda do Toural, en Vilaboa. A operación ten a súa orixe en Carballiño, diríxea o Xulgado de Instrucción número 2 desta localidade e o principal sospeitoso procede desta vila
Trátase dun operativo centrado na compra e venda de arte sacra de procedencia ilegal e os detidos en Pontevedra supostamente comprarían ese material ao seu vendedor principal, pero non se demostrou que soubesen que se trataba de material roubado ou se eran compradores de boa fe.
Onte os detidos parsaron a dispoxicion xudicial a declarar no xulgado numero dous, unha operación baixo segredo de sumario.