185 proxectos de concellos, asociacións e entidades ourensás serán financiados polo goberno provincial nos próximos meses

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dotadas cun total de 8.530.367,22 euros, estas partidas están incluídas na modificación de crédito e nos proxectos de cooperación dos orzamentos anuais de 2023 que serán aprobados no pleno ordinario de setembro

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, resalta a importancia de activar iniciativas coas que “avanzamos no establecemento de alianzas con concellos e entidades para o logro de obxectivos comúns”

Ourense, 17 de setembro de 2022.- A Deputación de Ourense financiará nos próximos meses un total de 185 proxectos de cooperación con concellos, entidades, asociacións ou clubs por un global de 8.530.367,22 euros. As partidas están estruturadas arredor de once materias debuxadas arredor do cumprimento dos Obxectivos de Desenrolo Sostibles (ODS) e serán aprobadas no pleno ordinario de setembro, estando dentro da modificación orzamentaria un total de 63 proxectos -2.840.606,58 euros- e nas nominativas de cooperación incluídas nos orzamentos anuais de 2023 outros 122 proxectos -5.689.760,64 euros-. 

“Estes 185 proxectos son o resultado do aliñamento das necesidades manifestadas por representantes públicos, asociacións, organizacións e entidades da provincia de Ourense cos eixos estratéxicos do Programa Operativo 7273”, destaca o presidente da Deputación, Manuel Baltar, que pon en valor a importancia de activar iniciativas coas que “mantemos o noso compromiso coa dotación de infraestruturas viarias e de acceso a servizos no rural; con ofrecer aos veciños o mesmo nivel de recursos sociais, culturais, educativos ou deportivos; con mellorar os sistemas de xestión e tratamento de auga e residuos; con protexer e aproveitar os recursos naturais; con protexer aos grupos de poboación mais vulnerables; con posicionar á provincia de Ourense como referente turístico e sobre todo, con avanzar no establecemento de alianzas con concellos e entidades para o logro de obxectivos comúns”. 

Resumo dos proxectos que financiará a Deputación nos próximos meses: 

>Actuacións sobre infraestruturas viarias esenciais para os veciños: a Deputación apoiará un total de 44 proxectos, por 2.100.383,30 euros. 

Entre os compromisos incluídos dentro da reto demográfico destaca o de asegurar infraestruturas, estradas e accesos aos veciños e veciñas do rural. Neste grupo de proxectos inclúense iniciativas de mellora de vías e accesos, de urbanización, de instalación de servizos e aceiras, de mellora da seguridade viaria e sinalética ou de apertura de novas vías en zonas de difícil acceso. 

>Actuacións en infraestruturas de captación, depuración e distribución da auga para asegurar un medio ambiente en equilibrio e consecuentemente mellorar a vida submarina: o goberno provincial respaldará 16 actuacións, cunha dotación total de 685.256.57 euros. 

Este conxunto de actuacións están dirixidas a garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sostible dun recurso escaso e a protexer. Débese ter en conta que en pequenos núcleos da provincia, moitos dos sistemas de captación, almacenamento e distribución, teñen máis de 30 anos, así como as redes de sumidoiros e os sistemas de depuración. Nalgúns casos, estas infraestruturas dependen directamente de comunidades de veciños polo que é esencial dar soporte ao seu mantemento. Noutros casos preséntanse outro tipo de problemáticas, como é a falta de redes de sumidoiros separativas ou o infradimensionamento das infraestruturas, dando servizo a unha poboación superior á capacidade para a que foron deseñadas, derivando todo elo no vertido directo de augas residuais e a consecuente contaminación dos ecosistemas.

>Actuacións ligadas ao acceso á enerxía e promoción da eficiencia enerxética:  O goberno provincial dará luz verde a un total de seis proxectos baixo este epígrafe, dotados cun global de 278.137,64 euros. 

Este conxunto de proxectos están dirixidos á mellora da eficiencia enerxética ou a garantir que a enerxía está dispoñible a pesar da dispersión poboacional. 

>Establecemento de alianzas estratéxicas e compromisos de colaboración para o logro de obxectivos comúns: Respado provincial a 5 proxectos de concellos e entidades ourensás, dotados con 520.862,17 euros.

Conxunto de actuacións realizadas en colaboración con outras administracións e que teñen como principal finalidade a cooperación para reducir as desigualdades entre os veciños do rural e do urbano no acceso a servizos e necesidades básicas. Entre elas destaca a participación en proxectos HURBE e IDAE. Ditos proxectos considéranse de carácter estratéxico xa que redundan dentro da estratexia de aforro enerxético das entidades locais.  As actividades de financiación deste tipo de proxectos de sostibilidade, dá continuidade a outros proxectos financiados con anterioridade como é o Pacto de Alcaldes pola Enerxía Sostible.

>Proxectos sociais, educativos, deportivos e culturais que poñen en valor o patrimonio histórico cultural da nosa provincia e das nosas tradicións favorecendo a dinamización rural a través do coñecemento da nosa identidade colectiva: Inclúense 27 proxectos, por 1.043.372,30 euros. 

Conxunto de actuacións que aspiran a difundir a identidade da provincia a través das tradicións, a cultura, o deporte e o patrimonio, promovendo oportunidades de aprendizaxe para toda a poboación cunha dinámica igualitaria para favorecer comunidades máis resilientes e sostibles. 

>Actuacións que fomentan o desenvolvemento de infraestruturas organizativas no rural, a innovación, a creación de empresas e a industrialización sostible: 5 proxectos, dotados cun total de 227.000 euros 

Proxectos en prol da industrialización inclusiva e sostible, que teñen coma principal finalidade dar sustento a forzas económicas dinámicas e competitivas capaces de xerar emprego no rural. 

>Actuacións de mellora e mantemento de infraestruturas deportivas, culturais e sociais de uso público: 11 proxectos, cunha dotación de 991.000 euros

Conxunto de proxectos dirixidos a reducir as desigualdades entre o rural e o urbano no acceso a actividades deportivas, sociais, culturais e de lecer. 

>Actuacións de posicionamento da provincia como referencia turística a través da posta en valor do patrimonio histórico ourensán, do termalismo, da natureza, da cultura e do deporte como puntas de lanza: 12 proxectos, cun orzamento de 586.472 euros

A Deputación apoiará nos próximos meses estes doce proxectos capaces de xerar polos de atracción turística, favorecendo a dinamización do rural e a creación de emprego. 

>Impulso á acción social que desenvolve políticas orientadas á cobertura dos servizos aos dependentes e maiores así como ao fomento da inclusión social: 9 iniciativas dotadas cun global de 520.615.57 euros. 

Estes iniciativas buscan contribuír a combater as desigualdades sociais existentes nos concellos.

>Cooperación con entidades, asociacións e mancomunidades para a execución común de obras, organización de actividades e eventos, prestación de servizos necesarios para os veciños: 40 iniciativas, cunha inversión total de 1.350.520 euros.

Estas alianzas permiten achegar a estes grupos e colectivos á financiación pública, dotando aos seus representantes, quen coñecen as súas necesidades específicas, de recursos aos que individualmente, non terían acceso.

>Fomento da sostibilidade e da conservación dos ecosistemas terrestres a través dunha produción e consumo responsables: Inversión de 226.747,77 euros, dentro de 7 proxectos

Estes proxectos respaldados pola Deputación de Ourense están alimentados pola protección dos recursos naturais da provincia e a súa posta en valor, facilitando a dinamización municipal.