O pobo de Astureses recupera a romaría da Saleta , con actos relixiosos e comida popular

Hoxe luns, tivo lugar o día grande da Romaría da Saleta, en Astureses, Boborás. Dende as 08:00 horas houbo misas, tento ás 13:00 horas a misa solemne, con procesión, acompañada pola Banda de Música Municipal de Boborás, quen tamén acompañou a sesión vermú.

A pesar de que a xornada de hoxe é luns, despois das restricións e cancelacións festivas, volveu a normalidade a esta festa, con bo ambiente tanto da comarca do Carballiño coma do Ribeiro.

AVANTAR ACTIVIDADES

Hoxe puidemos ver tanto a xente xa tradicional da contorna, que cada ano se achega a desfrutar da xornada, coma tamén xente de fora, atraída polas tradicións.

Pola tarde, Os Bixures puxeron a nota musical e de novo, ás 19:00 horas, misa na capela. Pola noite, verbena ca orquestra Cordosom de Portugal e o grupo Xoldra. A comisión de festas foi a mesma encargada do San Bartolomeu, quenes se ocuparon de preparar a xornada.