O C.D. Arenteiro organiza dende o venres ata o domingo o Oktoberfest na Pista Vermella

IES CHAMOSO LAMAS

Esta fin de semana, o Club Deportivo Arenteiro organiza unha nova edición do Oktoberfest. Todos os asistentes poderán tomar cervexa alemá e degustar embutidos tradicionais alemáns dende mañá venres ata o próximo domingo.

O evento desenvolverase nunha carpa instalada para a ocasión na Praza Roxa e o seu horario de apertura será de 12:00 a 02:00 horas da mañá, con entrada gratuíta. Haberá música en directo e inchables para os máis pequenos.

HIPER MASIDE

Esta iniciativa púxose en marcha como evento ademais de para desfrutar dunha das últimas festas do verán, como xeito de recadar fondos para o club.