Cargos municipais de México, Colombia e Paraguay visitan a Deputación como exemplo de boas prácticas en transparencia e goberno aberto

Recepción Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) a alumnos do Mestrado en comunicación política de México, Colombia e Paraguai, dirixido por Lalo Jardón.

Un grupo de 18 concelleiros e concelleiras procedentes de México, Colombia e Paraguay realizaron unha visita á Deputación de Ourense como exemplo de boas prácticas en transparencia e goberno aberto, no marco do programa formativo da Escola Internacional de Goberno no que están a participar durante esta semana.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibiu no salón de plenos do Pazo Provincial aos representantes locais, que estaban acompañados polo ourensán Eladio Jardón, director da escola. Baltar explicou que o seu liderado como presidente e como goberno provincial máis transparentes de España son froito “do compromiso por ofrecer aos cidadáns a mellor e máis clara información tanto a nivel institución coma persoal”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Eladio Jardón, á fronte da Escola Internacional de Goberno desde hai dez anos, agradeceu a Manuel Baltar a oportunidade que lles brinda esta visita “para achegarse ata unha administración provincial recoñecida polas súas boas prácticas e xestión, que grazas a estes encontros poderán ser implantadas nos gobernos locais destes países”. 

Os cargos locais completan a súa estadía en España con visitas a outras institucións de relevancia en España, como o Congreso, Senado e o Parlamento de Galicia.